Durante todo o mes de Novembro, iniciase un novo prazo para solicitar o recoñecemento DGAN. Será imprescindible presentar a seguinte documentación:
- Modelo de solicitude cuberto con tódolos datos do interesado/a, asinado na parte inferior esquerda polo deportista ou polo seu titor se é menor de idade (deberá ir selado e asinado por esta Federación)
- Certificado de posesión de licenza vixente dende polo menos o 1 de Xaneiro do ano 2016 (deberase solicitar nesta Federación).
- Os interesados presentarán fotocopia do DNI.
- Certificado do padrón de veciñanza administrativa.
As solicitudes poderán presentarse en calquera edificio administrativo de cada unha das provincias galegas, ou na:
Escola Galega de Administración Pública, EGAP
Rúa Madrid 2-4 (2º planta) – 15781
Santiago de Compostela