Resolucións publicadas relativas ao procedemento PR949A

Dende a Xunta de Galicia infórmase de dúas resolucións publicadas no día de onte no DOG relativas ao procedemento PR949A – equipamentos deportivos.

1.- Resolución de listaxes definitivas:
A efectos da súa información na súa condición de persoa interesada, achégase enlace á publicación no DOG da Resolución do 6 de agosto de 2021, da Secretaría Xeral para o Deporte, pola que se fan públicas as listaxes definitivas de subvencións a entidades deportivas convocadas pola Resolución do 5 de xaneiro de 2021 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, de subvencións para a adquisición de equipamentos deportivos e se procede á súa convocatoria para o ano 2021 (código de procedemento PR949A).

Información da convocatoria: https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2021/20210205/AnuncioG0595-190121-0001_gl.html
Publicación no DOG da listaxe definitiva: https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2021/20210916/AnuncioG0595-060921-0003_gl.html

2.- Resolución da publicación dunha segunda convocatoria:

Asemade, no mesmo DOG,  publícase a resolución 6 de setembro de 2021, da Secretaría Xeral para o Deporte, pola que se procede á segunda convocatoria do ano 2021 para a concesión de subvencións, en réxime de concorrencia competitiva, para a adquisición de equipamentos deportivos (código de procedemento PR949A) por un importe de  1.910.000  euros.Informar que segundo o artigo 4 desta resolución non é necesario a presentación dunha nova solicitude por parte das entidades solicitantes ao amparo da Resolución do 5 de xaneiro de 2021, cuxa solicitude fose desestimada en base á non dispoñibilidade de crédito desa convocatoria. Neste suposto, o inicio do procedemento será de oficio pola Administración (a Administración incorporará e tramitará de oficio aquelas solicitudes á presente convocatoria).

Publicación no DOG:https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2021/20210916/AnuncioG0595-060921-0004_gl.html